Cía Cisma: “ENTRE NANAS E ESCOMBROS”

10157303_10203182713799417_3018819048953224299_n

Cía Cisma: “ENTRE NANAS E ESCOMBROS”
Sábado 10 de Setembro ás 13:00
Xardín de Fonseca

Cía Cisma: Xiana Vilas e Isabel Sánchez

Sinopse:

Eu quéroo todo, xa!
Agora!
E que estea enteiro…
Non quero ser modesto,
nin contentarme cun anaco.
Eu quero estar hoxe seguro de todo,
e que iso sexa tan bo como cando eu era pequeno.

En “Entre nanas e escombros” se contrapón a obstinación e obsesión do mundo adulto coa espontaneidade do mundo infantil.
O mundo adulto é irrompido por flashes de inocencia provintes da infancia. A vida adulta aparece en contraste ó mundo infantil, que intercepta na rutina dos adultos, posibilitando así pinceladas absurdas dentro do serio mundo dos maiores, pero que ó mesmo tempo permite desvelar as contradiccións do mesmo.

DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Xiana Vilas
COREOGRAFÍA: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
INTERPRETACIÓN: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
Advertisements