Efímero-Divadlo : “ALIEN:LA PESADILLA DE ALEJO”

dani 2

Efímero-Divadlo: “ALIEN: LA PESADILLA DE ALEJO”
Xoves 8 de Setembro ás 22:00
Praza de Salvador Parga

Sinopse:

Nunha sociedade na que todos seguimos a rutina sen pararnos a pensar no que verdadeiramente queremos só por seguir o que está marcado, Alejo sofre. O protagonista desta historia contempla este horror cada día da súa vida. El non quere seguir a masa, non quere ser un alienado, por esta razón síntese un Alien nunha marea humana.

Alien nace nun momento de inspiración coa intención de mostrar ao público unha reflexión da sociedade na que estamos vivindo hoxe en día. É un traballo onde a través da danza-teatro, e de maneira alegórica exprésanse os pensamentos de Alejo, o protagonista desta historia.

La Pesadilla de Alejo é unha saída aos meus pensamentos encarada a miña perspectiva da sociedade actual. É unha historia que procede dun proxecto chamado Alien; o cal escribín coa idea de amosar aos espectadores o que se ve nalgunhas persoas que nos rodean. Hai xente que se che queda mirando porque levas uns zapatos de cor verde ou un simple sombreiro, tan só porque es diferente.

Creación e InterpretaciónDaniel González Lamoso

 

Advertisements