Olga Cameselle

 

olga cuadrado

OLGA CAMESELLE
Coreógrafa , Bailarina e Pedagoga de Danza

En herDanza presentará a súa peza “A Deriva” e propondrá o  taller de formación: “SECUENCIAS:Exploración como premisa para a creación dunha peza de danza” e participará nas Conversas no “Olvido”

 

EXPERIENCIA COMO COREÓGRAFA:

Dende o ano 96 é chamada para asesorar movementos escénicos en obras tetarais así como para a montaxe de coreografías. A partires deste momento  segue a súa labor de coreógrafa e directora de movemento escénico tanto no eido da danza como no do teatro. Asemade é cofundadora da primeira compañía profesional do sur de Galicia, Dobre Xiro, sendo na actualidade a directora de Disque Danza.

Entre outras montaxes están: Des-memoria-2, Crónicas de días enteiros, de noites enteiras, Regreo ao deserto, Tio Vania, A comedia do Gurgullo, Cadanseu Chapeu …

 

TRABALLOS AUDIOVISUAIS:

2007 Proposta para o  artista multidisciplinar Xoan Anleo video-danza nun total de 15 traballos desenvolvidos no M.A.R.C.O.(Museo de Arte Contemporanea,Vigo) a partires do concepto do aleatorio como metodoloxía de búsqueda e encontro.

2006 proposta audiovisual O baño público da artista Mar Caldas desenvolvido no  CGAC (Centro Galego de Arte Contemporanea, Santiago de Compostela), no que a gás da gravación en soporte audiovisual desenvolvín unha performance por encargo da artista.

2005.-  Traballo para o artista multidisciplinar Xoan Anleo (video-danza) a partires da búsqueda da simetría urbana, desenvolvido en Vigo.

  • Non quero que entres, só é unha saída.  
  • Carencias de tí, cadencias colectivas.
  • Movementos continuos (intermitente).
  • Cara un e outro lado (continuo-discontinuo.
  • Impasible por fóra, bailo cara adentro              
  • Liñas rectas, movéndome. Liñas contínuas, opcións  diversas.

2004 Proposta específica para o programa DE GALICIA PARA EL MUNDO nas illas Cies, desenvolvida na Praia de Rodas, peza Sílice.

1999 Participación no Documental CASTELAO (dirección Xan Leiro).

 

EXPERIENCIAS PERFORMÁTICAS E PEZA CURTAS:

2015 Participación no Alt.15, Alt.Procrea en feminino, creación dunha peza breve sobre o cuadro de Laxeiro chamado Aparición.

2014 Acción performática para a presentación no Culturgal de Latitude contemporay fation makers. Accións artístico-reflexivas dende a perspectiva de muller polo colectivo efímero Carmen Gonzalez en diferentes espazos de Vigo. Xunto a Francisco e Patricia Soto (La Canalla) e con Alfredo Rodríguez tres accións a xeito de reflexión sobre qué significa ser artesá/n baixo o nome De cuatreros y adelitas.

2011 Participación na proposta O embigo do mundo / L’ombelico del mondo

con moitivo da presentación do libro: EXTRAMUNDE de Xavier Queipo Premio Xerais de novela, 2011; coa peza Dragona.

2009 Participación no 7º aniversario do M.A.R.C.O facendo dúas intervencións a primeira con Nicasio Gradaille a propósito dunha peza de J. Cage e a segunda con Alfredo Rodríguez dende a proposta escénica Des-memoria-2.

2008 Participación na Gala Implicadas no desenvolvemento con Alfredo Rodríguez con dúas pezas curtas bencelladas ao traballo de Poéticamente Aquí e Agora

2008 Deixame… Peza creada para Eclectica Ensemble presentada no CGAC e no evento Danza e Tapas (proposta feita pola federación de hosteleiros da provincia de Pontevedra) en Pontevedra. Interpretan a peza Olivia Maté e Carmela Bueno.

2008 Lembranza Agochada 03, peza presentada no festival de danza na rúa organizado polo concello de Santiago de Compostela e durante a Festa Grande de Vigo.

2006 con Alfredo Rodríguez, Andrea Costas, e Gustavo Hevia, AQUÍ? AGORA? (Alt.06, festival de teatro , Vigo/  Ano da Memoria Illa de San Simón/ Kaldarte/ …)

Acción performática para a artista plástica Mar Caldas, espazo externo do CGAC.

2004 Paséate Canalla ano na galería de arte Ad Hoc, traballo por encargo para presentación de deseños da firma de roupa La Canalla.

Etapa de Dobre Xiro.Os Maios (99), baixo a invitación da A.VV. do Casco Vello de Vigo. Accións para unha historia (99). Accións 2.com (99).Accións 3.com (00),Curtos de Teatro da Sala Galán (Compostela). Accións 4,5 e 6.com (00,01).

 

ACTIVIDADE PEDAGÓXICA

Comeza a desenvolver esta actividade no ano 1988, continuando ata a actualidade imparte clases regulares, actualmente no espazo A Artística (Teatro & Danza) e na escola de danza Pasiños, en Vigo, así coma cursos e talleres intensivos de xeito regular, para entre outros escola de Danza Paula Cobian (Tui) ou no seu momento para a Aula de Teatro da USC (Campus de Santiago e Lugo) ou Campus Universitario de Vigo, CUVI.

 

Advertisements