Yumiko Yoshioka

Yumiko Yoshioka, Japón

YUMIKO YOSHIOKA

Foi membro da primeira compañía femenina de butoh ARIADONE con Carlotta Ikeda e Ko Murobushi. O seu espectáculo Le Dernier Eden foi o primeiro espectáculo de butoh visto en Europa.

Tras fundar o colectivo Tatoeba – THEATRE DANSE GROTESQUE, en 1995 crea a súa propia compañía TEN PEN CHii art labor co artista plástico Joachim Manger (Alemania) e o compositor musical Zam Johnson (EEUU).

TEN PEN CHii reside en Schloss Broellin, situado na parte noreste da Alemania oriental.

 Yumiko impartiu numerosos talleres por todo o mundo, incluíndo workshops-performances en Berlín (Alemania), Francia, Reino Unido, Italia,  Austria,  Grecia, Portugal, Bielorrusia, Rusia, Israel, Holanda, Canadá, EE.UU., México, Perú, Brasil, Tailandia, Malasia, a India e Xapón.

 Yumiko investiga a interacción entre a danza, o espazo e a arte visual movéndose dende a danza butoh convencional.

TEN PEN CHii creou numerosos espectáculos como “N. YOiN” (1996),”DA-PPi” (1998),   “i-ki” (1999), “Test Labor” (2000), “Minus Alpha” (2002), “Furu- Zoom” (2005, en colaboración con Susanne Linke), “SU-i” (2006), “Waku” (2008), cos que obtuvo aclamaciones na escea artística experimental.

Yumiko é tamén directora do proxecto de butoh e danza contemporánea “eX… it!” (dende 1995) xunto con delta RA’i, no que participaron máis de 100 artistas e estudantes de danza de todo o mundo.

Advertisements